![]()
SALNÉS> O presidente da entidade, Gonzalo Durán, reuniuse coa firma Ecovidrio para afinar os termos do acordo.
O presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, reuniuse co xerente de zona de Ecovidrio para fixar os termos dun acordo que permitirá aumentar a recollida selectiva de vidro tanto nos concellos que integran este organismo en xeral, coma no municipio vilanovés en particular.
Entre as cláusulas dese convenio figurarían o aumento do número de contedores, o compromiso de reforzar o servizo durante a tempada estival con máis puntos de recollida e a posibilidade de impulsar unha campaña de sensibilización a nivel comarcal para concienciar á poboación da importancia de colaborar para completar a canle de reciclaxe. Tamén se vai a analizar a situación dos contedores verdes de vidro que xa existen nos concellos e definir novas localización para optimizar a recollida.
No tocante ó concello de Vilanova en concreto, Gonzalo Durán pretende triplicar a recollida selectiva de vidro, polo que o goberno local xa adquiriu 20 novos contedores con cargo a fondos propios para depositar estes materiais, mentres que Ecovidrio se comprometeu a aportar outrso 10, catro deles deseñados especialmente para o sector hostaleiro e que o rexedor vilanovés pretende situar en zonas de cámpings e praias.
Ecovidrio é unha asociación sen ánimo de lucro que se encarga de xestionar o reciclado dos envases de vidro en toda España. Con esta aposta pola recollida selectiva, a Mancomunidade pretende aforrar custes ás arcas municipais ademais de contribuír ó coidado do medio ambiente.
Redacción Salnés








