Os veteranos da Selección Galega mediranse ante as lendas do Real Madrid en Ribadumia

RIBADUMIA> A selección galega de veteranos medirá as súas forzas fronte as Lendas do Real Madrid en Ribadumia. O campo da Senra acollerá este xoves un encontro amigable entre os dous combinados. Nomes míticos como Amavisca, Paco Buyo ou Contreras farán vibrar ao público nun partido que se xogará ás 12h do mediodía, aproveitando a xornada festiva.

Fútbol de veteranos de primeiro nivel en Ribadumia este vindeiro xoves. A selección galega de veteranos enfrontarase ao Lendas do Real Madrid nun encontro que se vai disputar ás 12h do mediodía, aproveitando o festivo do Día do Pai.

Galicia conta por vez primeira cunha selección de veteranos. A súa posta de longo será en Ribadumia, municipio referente para o deporte.

Detrás deste encontro está Devalux, coa colaboración do CD Ribadumia.

O amigable conta co apoio do Concello de Ribadumia.

Por parte do Lendas do Real Madrid están confirmados nomes como Amavisca, Paco Buyo ou Contreras. Polo combinado galego, Rubén González ou o propio Changui.