Usuarios e familiares do centro de Saiar péchanse no Concello

    fotosaiarcopia.jpgCALDAS> Con motivo do día mundial do Síndrome de Down, usuarios e familiares retomaron as súas protestas contra o copago que a Xunta quere impoñerlles.

    {flowplayer}images/salnes/PecheUsuariosSaiar.flv{/flowplayer}

    Simulando un pleno, usuarios e familiares do centro ocupacional O Saiar, en Caldas de Reis, comezaban o seu peche no Concello para amosar a súa protesta contra a decisión da Xunta de establecer o copago.

    Despois da manifestación que levaran a cabo hai un mes fronte ás instalacións do centro, agora decidiron dar un paso máis. A falta de resposta por parte da Consellería de Traballo e Benestar, da que aínda non teñen noticias non fai máis que acrecentar as súas dúbidas e preocupacións. Máis aínda despois de que o propio presidente da Xunta lles prometera unha reunión coa conselleira.

    Neste pleno, houbo tempo para rogos, preguntas e reflexións de tódolos tipos. Todas cun denominador común, segundo estes usuarios non se pode establecer ese copago do 38,7 por cento a pensións que están entre os 300 e os 400 euros.

    Un copago que, segundo eles, entenden aínda menos tendo en conta as deficiencias que presenta o centro.

    O peche que se prolongou durante varias horas contou ademais coa presenza do alcalde, Juan Manuel Rey, que quixo amosar o seu apoio a estas corenta familias afectadas.

    Para rematar a presidenta da ANPA deu lectura a un comunicado con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down.

    Redacción Salnés