Julio Torrado imponse no XVIII Memorial Adolfo Pedrido

VILAGARCÍA> O Liceo Casino e a Fundación Deportiva Municipal de Vilagarcía, coorganizaron esta pasada fin de semana a 18ª edición do Memorial Adolfo Pedrido. Máis de 130 xogadores déronse cita neste trofeo no que se impuxo o xadrecista local Julio Torrado.

Durante toda a fin de semana celebrouse en Vilagarcía o XVIII Memorial Adolfo Pedrido de xadrez, para categorías base e absoluto Internacional.

Na xornada do sábado a participación foi moi numerosa, con 135 xóvenes xadrecistas que disputaron un torneo valedeiro para o Circuito Escolar Galego, repartidos en cinco categorías: de promesas a cadete.

Precisamente entre os cadetes o mellor foi Anxo Carreira, do Universidade de Santiago. Nos infantís, a victoria quedouse na casa, nas mans dun xogador do Fontecarnoa como Luís Segura. Un compañeiro seu tamén se impuxo nos alevíns. Julio Suárez venceu con autoridade aumentando a súa vantaxe na clasificación xeral con respecto ós seus perseguidores. Gabriel Roma, do Xadrez Ourense, venceu nos benxamíns mentres que o vigués Alex Lorenzo gañou entre os promesas.

Despoisdas seis roldas do campeonato disputado no Pavillón Rúa Castelao, tódolos xogadores foron obsequiados con trofeos e agasallos donados por Zona Aberta, Liceo Casino e Fundación Municipal.

Xa o domingo, nos salóns do Liceo Casino celebrouse o Aberto Internacional, no que participaron 65 xadrecistas. O xogador local, Juilo Torrado, alzouse coa victoria logo de sumar seis triunfos e tan só asinar unhas táboas nas sete partidas que xogou.

A segunda praza, con seis puntos, foi para Samuel Villar do Universidade de Vigo e a terceira para Martín Boado do Club Marcote, actual campeón de España por equipos.

Redacción Salnés