Portonovo acolle os días 20 e 21 a Regata Hotel Galatea

regata_portonovo250.jpgSANXENXO> Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición para participar na regata Hotel Galatea – Gran Premio Pescamar, organizada polo Club Náutico de Portonovo. O presidente da entidade Javier Ruíz presentou esta mañá nas novas instalacións do Náutico esta décimo quinta edición, na que esperan se anoten unha trintena de embarcacións, como no verán pasado.

{flowplayer}images/salnes/regata_portonovo.flv{/flowplayer}

SANXENXO> Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición para participar na regata Hotel Galatea – Gran Premio Pescamar, organizada polo Club Náutico de Portonovo. O presidente da entidade Javier Ruíz presentou esta mañá nas novas instalacións do Náutico esta décimo quinta edición, na que esperan se anoten unha trintena de embarcacións, como no verán pasado.

A regata terá un programa similar ó de anos anteriores. O sábado día 20 a saída está prevista para a unha da tarde desde as inmediacións do Náutico de Portonovo. A chegada será o Náutico da Pobra do Caramiñal. Ó día seguinte farase o percorrido á inversa ata Portonovo e a entrega de trofeos será ás sete e media da tarde no Hotel Galatea.

Na presentación da regata tamén estivo hoxe a xerente de Conservas Pescamar, unha das firmas que patrocinan este evento. Un apoio económico que agradece o Náutico de Portonovo, sobre todo nos tempos que corren.

A inscrición é gratuíta e o prazo para anotarse remata o vindeiro venres 19.

Redacción Salnés