Péchase o percorrido das etapas pontevedresas da Volta

PONTEVEDRA> Esta mañá compareceu ante os medios de comunicación o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Director Xeral de Unipublic, Javier Guillén. Ambos deron a coñecer a trazado definitivo das tres etapas da Volta a España que este verán discorrerán pola provincia de Pontevedra.

{flowplayer}images/salnes/volta_210312.flv{/flowplayer} 

Xa está pechado o percorrido das tres etapas da Volta a España que atravesarán a provincia de Pontevedra. Na comparecencia desta mañá non houbo sorpresas e confirmáronse os trazados que se viñeron anunciando en anteriores datas. En total serán 30 os concellos pontevedreses que verán pasar o pelotón ciclista. Unha primeira etapa en liña entre Ponteareas e Sanxenxo, a contrarreloxo Cambados-Pontevedra e a saída de Vilagarcía con final no Mirador do Ézaro, que pasará por Caldas, Cuntis, Moraña ou A Estrada.

A Volta fará catro noites en Pontevedra, unha marea de 2.500 persoas que estarán na provincia eses días. Datos que destacaba Javier Guillén, Director xeral de Unipublic, a empresa organizadora do evento, que depositou a súa confianza aquí logo dos bos resultados obtidos o ano pasado.

Pola súa parte, Rafael Louzán anunciou a celebración durante os meses de maio e xuño de 12 marchas cicloturistas, organizadas tamén co apoio de Unipublic, que atravesarán 15 concellos da provincia e que baixo o lema ‘Únete á Volta’, pretende sacar 25.000 bicicletas ás estradas pontevedresas.

Asimesmo o Presidente provincial anunciou que nas vindeiras semanas realizaranse dous actos oficiais de presentación destas etapas, nos que pretende contar cos alcaldes de tódolos concellos polos que pasará a rolda ciclista.

Redacción Salnés