Ribeira estuda implantar semáforos nas vías máis transitadas

    ampliacionsemaforosribeira100.jpgRIBEIRA> A rúa Miguel Rodríguez Bautista contará con semáforos para unha mellor regulación do tráfico.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionsemaforosribeira.flv{/flowplayer}

    O concello de Ribeira ten previsto instalar semáforos na rúa Miguel Rodríguez Bautista co fin de mellorar a fluidez do tráfico e incrementar a seguridade nesta céntrica vía.

    Tralo bo resultado da colocación destes dispositivos no Malecón, o executivo aposta por estendelos a aquelas rúas con maior tránsito de vehículos. É o caso de Miguel Rodríguez Bautista que, ademais de constituír unha das principais entradas ó casco urbano, conta con varios centros públicos como un colexio ou o conservatorio municipal.

    Precisamente, nestes dous puntos está prevista a instalación dos semáforos así como no cruce coa rúa Otero Pedrayo, á altura da praza do Centenario na que tamén se van acometer melloras. Entre elas, a eliminación da fonte que permitirá ós usuarios ter un maior espazo de lecer.

    Instalación provisional

    A instalación dos semáforos farase inicialmente de xeito provisional para comprobar a súa efectividade. Ademais dos tres dispositivos en estudo non se descarta a colocación dun semáforo na vía de acceso ós xulgados no caso de que os problemas co tráfico persistiran.

    Vial alternativo

    Paralelamente a esta actuación, o concello ten proxectada a execución dunha vía por detrás do colexio O Grupo que serviría como alternativa para aliviar a circulación tanto na rúa Canarias como en Miguel Rodríguez Bautista. Esta obras está pendente da firma dun convenio coa empresa Mirón y Gutiérrez, propietaria do terreo.

    Redacción Barbanza