RIBEIRA> O novo grupo municipal do BNG de Ribeira desmentiu os rumores ó respecto dunha crise interna como causa da renuncia dos anteriores edís.
{flowplayer}barbanza/desmentidocrisebngribeira.flv{/flowplayer}
En medio das especulacións xurdidas en torno á repentina renuncia dos catro edís nacionalistas de Ribeira, os compañeiros encargados de coller as rendas do grupo municipal compareceron publicamente para explicar as razóns que levaron á renovación.
O primeiro en toma-la palabra foi o novo responsable local, Vicente Paz, quen quixo deixar ben claro que non existe ningún problema interno no seo do partido.
Nos mesmos termos pronunciouse o futuro voceiro municipal, Xosé Antonio Vázquez Cobas, quen explicou que os concelleiros saíntes seguen a formar parte do consello local xogando un papel destacado dentro do partido.
Atribúen a renuncia do anterior grupo ó desánimo pero en ningún caso a disputas internas e moito menos á división entre correntes a nivel nacional posto que a maioría dos afiliados son independentes.
Liñas de traballo
Aclarado este punto, o novo voceiro expuxo os eixos que centrarán o traballo da agrupación local centrado principalmente na defensa dos servizos públicos, os sectores produtivos e o benestar social dos cidadáns. Puntos sobre os que xa traballan e que comezarán a facer efectivos unha vez completada a tramitación para poder tomar posesión como concelleiros.
No caso do portavoz municipal o proceso pode demorarse algo máis xa que ó non formar parte da lista que concorreu ós comicios precisa da autorización da xunta electoral.
Redacción Barbanza