Rescatan a cinco golfiños varados na enseada do río Beluso

RIANXO> Un operativo levado a cabo pola Policía Local de Rianxo e a Brigada de Obras Municipal, xunto con varios membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, a CEMMA, permitiu rescatar esta mañá a catro golfiños que quedaron varados nas inmediacións do porto de Taragoña, xunto á ponte da autovía da Barbanza, coa baixamar.

A rápida intervención permitiu atendelos e posteriormente devolvelos ó mar, en aparente bo estado, co apoio dunha lancha de Protección Civil e outra da confraría de pescadores da localidade.

As razóns polas que estes animais puideron quedar varados nesta zona son moi diversas e complexas de explicar. Non é habitual que aparezan en zonas tan interiores da ría, polo que todo apunta a que puideron quedar desorientados.

Por fortuna, e á espera da súa evolución nas próximas horas, todo parece indicar que rematou, esta vez, nun final feliz para eles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí