Ribeira aposta polo turismo coa presentación de tres rutas guiadas

RIBEIRA> O concello presentou hoxe as tres rutas turísticas que se farán durante este mes de agosto e principios de setembro. Este ano, como gran novidade, ademáis das rutas a pé, tamén se desenvoverán unha ruta náutica. Trátase dunha ruta en veleiro que percorrerá a Ría da Arousa, cun total de vinte e sete desprazamentos, catro pro día. A saída e chegada farase dende o Porto Deportivo de Ribeira e os interesados xa poden mercar os seus tickets na oficina de turismo do Malecón, por teléfono ou no correo electrónico turismo@riveira.com. Na presentación tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Antonio Freire, quen quixo animar os hostaleiros de Ribeira a promover esta rutas. Xa que, desta forma, foméntase o turismo local. Ademáis da ruta náutica, tambén se desenvolverán outras rutas a pé, todas de carácter gratuito. Percorrerán lugares coma o Miradoiro da Pedra da Rá, o Castro da Cidá ou o Parque Periurbano de San Roque.