A Semana Santa de Ribeira aunará devoción, cultura e compromiso social

RIBEIRA> Ribeira vivirá unha Semana Santa cargada de relixiosidade e compromiso social. Ademais dos actos litúrxicos desenvolveranse accións de voluntariado e actividades para os mozos nas distintas parroquias.

Conmemorar a Paixón de Cristo pero tamén reforzar o compromiso social da igrexa. Estes son os obxectivos da parroquia de Santa Uxía nesta Semana Santa que o seu cartel sintetiza á perfección.

As celebracións relixiosas comezarán este domingo coa bendición de Ramos e continuarán ó longo da semana con actividades en tódalas parroquias e accións de voluntariado como acompañamento a enfermos e maiores.

O Xoves Santo terá lugar a Santa Cea e a Procesión do Paso. O Venres Santo comezará cun Vía Crucis moi especial dende Sobrido ó miradoiro da Curota.

A xornada rematará co Desencravo e procesión do Santo Enterro que dará pasó á Vixilia pascual do sábado como peche das celebracións.

Ademais das celebracións relixiosas, o concello programou coa hostalería. Unha serie de concertos a desenvolver durante toda a xornada do sábado polos distintos locais.

Haberá tamén unha programación especial para Mocidade con actividades organizadas por un seminarista e un grupo de catequistas.