Fomento negociará alternativas á peaxe da Ponte de Rande

    PONTEVEDRA> A Ministra de Fomento, Ana Pastor realizou esta tarde unha visita institucional a Pontevedra, onde coñeceu de primeira man….

    {flowplayer}images/salnes/ana_pastor_pontevedra_23032012.flv{/flowplayer}

     … as necesidades tanto deste Concello como da Provincia. A súa primeira xuntanza foi no Pazo Provincial onde se entrevistou co Presidente da Deputación e cos alcaldes da contorna. Aquí falaron de asuntos básicos para esta comarca que a Ministra se comprometeu a estudiar desde o Goberno Central. Amais dos tres grandes eixos do Aeroporto de Vigo, a Estrada A-57 e a remodelación da Autoestrada do Atlántico, o Presidente Provincial apuntou outra serie de necesidades máis concretas como a mellora da seguridade viaria do enlace ca AP-9 á altura de Caldas de Reis-Carracedo, en dirección a Santiago. Malia a crise actual, a Ministra asegurou que o seu departamento traballará a reo para quitar adiante estas necesidades.

    Nesta visita Pastor estivo acompañada polo Conselleiro de Medioambiente e Infraestructuras, o Secretario de Estado e o Delegado do Goberno aquí en Galicia. Con eles estreitou lazos de colaboración.

    No transcurso do acto a Ministra tivo a oportunidade de asinar no libro de honra da Deputación e recibiu de bo grao unha camelia feita en prata, quizais a flor máis característica desta Provincia. A visita da Ministra rematou cun encontro no Concello de Pontevedra, onde foi recibida polas autoridades municipais da Cidade do Lérez.

    Redacción Salnés