O corte da luz obriga ó peche do aparcadorio do Centenario

    parquincentenario.jpgRIBEIRA> O aparcadoiro subterráneo do Centenario leva pechado dende o pasado xoves a raíz do corte do subministro eléctrico polo impago dun recibo.

    {flowplayer}barbanza/aparcadoirocentenario.flv{/flowplayer}

    Malia que se trata dunha instalación pública, xestionada en réxime de concesión por unha empresa privada, o aparcadoiro do Centenario presenta moitas deficiencias dende a súa posta en marcha hai apenas catro anos. Os usuarios denuncian a existencia de filtracións de auga e os recortes na vixilancia que tan só se realiza de oito da mañá a dez da noite cando antes o servizo se mantiña durante vinte e catro horas. Agora a situación tocou teito co peche do aparcadoiro.

    A escuras

    Aquelas persoas que teñen unha praza en propiedade ou pagan a correspondente cota mensual do abono poden acceder ó parquin durante o día, sempre pola saída. Deben facelo sen apenas visibilidade posto que no interior non hai luz e guiadas polos traballadores que se ven obrigados a desempeñar o seu labor nestas condicións. A situación é aínda peor para os usuarios ocasionais do aparcadoiro para os que está totalmente pechado.

    Quéixanse ademais da falta de información posto que se decatan do peche do aparcadoiro ó tentar acceder a el e nin sequera se lles explican os motivos. Consideran que tratándose dunha instalación de carácter público deberíase garantir o servizo ou, alomenos, manter informados ós usuarios.

    Revisión do contrato

    Pola súa banda, dende o concello informaron de que se están a revisar as condicións do contrato da concesión para adoptar as medidas oportunas co fin de velar polo seu cumprimento e por unha axeitada prestación do servizo.

    Redacción Barbanza