Ferido leve a consecuencia dun lume orixinado na cociña do seu piso

    incendiogalponpoi.jpg BARBANZA> O incendio tiña lugar este mediodía no interior dun piso, o número 23 do paseo do Areal, na Pobra do Caramiñal.

    {flowplayer}barbanza/incendiogalponpoi.flv{/flowplayer}

    O lume, orixinábase na cociña do primeiro piso, resultando ferido leve o fillo do dono que tivo que ser trasladado ó centro de saúde da localidade con diversas queimaduras nunha man. Segundo informaron fontes do parque de bombeiros as lapas, que afectaron unicamente a esta estancia, puideron iniciarse a consecuencia dunha excesiva combustión de aceite nunha tixola que nese momento estaba ó lume, propagándose posteriormente á campana extractora.

    Novo incendio

    Por outra banda a Policía Nacional de Ribeira está a investigar as posibles causas dun incendio que se rexistraba esta pasada fin de semana, na madrugada do domingo, nun alpendre dunha vivenda situada no lugar de Poi na parroquia de Castiñeiras. A pesar de que non houbo que lamentar vítimas, os danos materiais si foron cuantiosos porque se viron afectados un vehículo e un tractor, así como tamén diversos apeiros deste que se atopaban tamén no seu interior. A primeiras hipóteses apuntan a que as lapas puideron ser intencionadas.

    Ata o lugar do suceso achegáronse varios corpos de emerxencia, o GRUMIR de Ribeira e persoal dos Parques de Bombeiros de Ribeira e Boiro, así como tamén as Policías Nacional Local, que procederon a sufocar as lapas. A existencia no interior do galpón de numerosas alpacas de palla que se atopaban almacenadas dificultou os labores de extinción.

    Redacción Barbanza