Novas receitas para atraer ós asistentes á XVIII Festa da Raia

    festa_raia2012copy.jpgPORTONOVO> Ademais nesta ocasión, a celebración trasládase á fin de semana de Semana Santa. A programación abrangue do 30 de marzo ó 15 de abril.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTA_RAIA_2012.flv{/flowplayer}

    A explanada do porto deportivo de Portonovo converterase un ano máis no escenario para a celebración da Festa da Raia que ven de cumprir a súa maioría de idade. A diferenza doutros anos, nesta ocasión a organización decidiu traslada festa ós días 7 e 8 de abril, coincidindo coa Semana Santa.

    En canto ós pratos que se poderán atopar na carpa degustación, ademais da tradicional raia en caldeirada, á prancha ou ó ajillo, empanada e pastel de raia, este ano a novidade estará nas albóndegas de raia en salsa verde e nos crepes de raia con grelos gratinados con tetilla. Todo a uns prezos populares que roldarán entre os tres e os seis euros e medio.

    Para os que prefiran degustar este peixe nalgún restaurante do pobo, trece establecementos colaboradores ofrecerán este ano raia en caldeirada por oito euros e medio.

    Ademais desta oferta culinaria, desde a organización deseñaron un amplo programa de actividades que arrancará o 30 de marzo e se prolongarán ata o quince de abril. Entre elas atópase o tradicional concurso de cociña Festa da Raia o 30 de marzo, un salón de oportunidades do 5 ó 7 de abril, actuacións teatrais e musicais e o acto de entrega das raias de Ouro. Unha palillada das mulleres rurais o 15 de abril porá ó colofón á festa que agardan supere as cifras de afluencia de edicións pasadas.

    Un ano máis os encargados do catering da carpa degustación será a Cervecería Azor.

    Redacción Salnés