![]()
CAMBADOS> Estas foron as palabras da maioría das mariscadoras da vila. Piden á Confraría que convoque unha asemblea.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_MARISCADORAS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
Este mediodía, as mariscadoras de Cambados estaban convocadas para ir a preparar o terreo para trasladalo marisco desde o Saco de Fefiñáns, declarado nestes intres, como zona C. Pero a maioría delas, cento sesenta das cento oitenta que son no colectivo, decidiron non baixar ó areal.
Din non foron informadas do proxecto das comportas de Fefiñáns que xa saíu a licitación no mes de novembro e aínda non foi saneada a zona cando era unha prioridade xa no mes de xullo para a Consellería de Medio Ambiente e a do Mar.
Para iso, din, xa entregaron o día 22 as sinaturas de máis dos 2/3 necesarios para convocala asemblea por parte do Patrón Maior e da Presidenta das Mariscadoras. Son conscientes de que mentres non se sanee a zona terán que seguir trasladando o marisco dunha zona a outra, co conseguinte risco de que lles morra.
Pola súa banda, ó Patrón Maior, Benito González, non quixo facer declaracións ó respecto e considera que son cuestións políticas e que deben acudir ó concello a resolvelas. Con respecto á Presidenta das Mariscadoras, as traballadoras aseguran que se achegou ata o areal e que lles dixo que se non ían a traballar, o luns non acudirían, a pesar de contar coa aprobación da Consellería do Mar.
De non obter unha resposta por parte da Confraría nos vindeiros días, informaron que enviarán á Consellería do Mar as sinaturas da maioría das mariscadoras para que teñan coñecemento do acontecido.
Redacción Salnés






