O concello organiza charlas nos colexios sobre concienciación canina

    charla_canscopy.jpgGROVE> Esta iniciativa, que arrancou hoxe no CEIP Rosalía de Castro, enmárcase dentro da campaña deseñada polo concello para evitar o abandono animal.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_CANS_GROVE_230312.flv{/flowplayer}

    Pór fin á presenza de cans abandonados polas rúas e evitar que fagan as súas necesidades por aceiras e parques. Estes son os principais obxectivos da campaña que ven de pór en marcha a concellería de Medio Ambiente e Limpeza do concello do Grove.

    Esta iniciativa abarca tres grandes áreas: unha campaña de concienciación canina, outra para a colocación do microchip para rematar cunha sobre responsabilidade canina. A primeiras delas, que consiste en ofrecer charlas informativas nos centros escolares do municipio, arrancou hoxe no CEIP Rosalía de Castro.

    E polo de agora, segundo Olga están tendo unha boa resposta por parte dos escolares. Moitos, confesounos, xa eran coñecedores dos coidados que require un animal. E é que o máis importante é concienciar desde cativos. E, ¿como chegar a estes cativos?. Pois a presidenta do Refuxio de Cambados confesounos que a través de vídeos, contos e os seus cans que os acompañan nestas charlas, resulta un traballo doado.

    Pola súa banda, a campaña de colocación de microchip desenvolverase durante o mes de abril e consistirá na rebaixa do prezo para a súa colocación. En canto á campaña de responsabilidade canina o concello distribuirá carteis e elementos publicitarios que incidan sobre o tema.

    Redacción Salnés