O domingo, cita coa lamprea en Pontecesures

    lamprea copia.jpg PONTECESURES> A organización da festa servirá entre seiscentas e setecentas racións deste peixe por un prezo de cinco euros.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_FESTA_LAMPREA_230312.flv{/flowplayer}

    Este non foi ano de lampreas, pero aínda así, a escaseza de capturas non desanimou ós organizadores do festexo máis sonado de Pontecesures, polo que unha edición máis, e xa suman dezasete, o municipio converterase na capital por excelencia deste manxar do Ulla. O vindeiro domingo, no recinto de degustación, repartiranse entre seiscentas e setecentas racións por un prezo de cinco euros. Desde o concello agardan contar cunha gran afluencia de visitantes, máis aínda ó coincidir a festa coa celebración de San Lázaro.

    Pero o programa festivo comezará moito antes. Ás dez da mañá os beirarrúas encargaranse de inaugurar os festexos para ás doce do día dar paso á recepción de autoridades na casa do concello. A esa hora as cociñas xa estarán ó máximo de actividade, pois comezarán a servirse os primeiros pratos de lamprea á vez que se escoita o pregón. Este ano da man do cociñeiro e presentador de televisión André Arzúa.

    En total cociñaranse nesta edición trescentas lampreas, mentres que vinte persoas traballarán para que todo saia perfecto.

    Redacción Salnés