Dous edís de SAL apoian o Plan de Axuste do bipartito sanxenxino

    SANXENXO> O documento recibiu os votos a favor do PP, VIPS e dous edís de SAL. PSOE, BNG e unha das concelleiras do grupo SAL votaron en contra… 

    {flowplayer}images/salnes/extra_pleno_sanxenxo_300312.flv{/flowplayer}

    … ó considerar que este plan chega tarde e que o concello se atopa nesta situación de débeda por mor da mala xestión local, exercida polos populares desde 1999. O equipo de goberno recoñece unha débeda de 4 millóns e medio de euros con provedores, inda que sitúa a débeda municipal en torno ós 8 millóns. Entende que unha das causas é a forte caída do ICIO nos últimos catro anos, que estima en máis de 8 millóns de euros.

    O edil de Urbanismo e maila alcaldesa defenderon a xestión do goberno municipal dicindo que a pesar de diminuír o presuposto do Concello sempre mantiveron servizos. No plan de axuste, o goberno pretende subir o IBI, e espera recadar este ano medio millón de euros e para 2013 un millón.

    Tamén fará unha ponencia de valores para catalogar solo rústico como urbano, e estima que a partir de 2015 se ingresaría máis dun millón de euros. En canto ós gastos, destacan a supresión de prazas de persoal de confianza, en Urbanismo, ou Xuventude, amais de reducir servizos.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.