VILAGARCÍA> As augas de Vilaxoán acollerán o sábado a 29ª edición masculina e 4ª feminina da Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía.
Na competición feminina van participar catro clubes, dous deles representantes galegos na ACT. Na masculina participarán 8 equipos. Entre eles tamén estarán presentes os dous club galegos na ACT.
Dende a organización salientan o nivel deste evento deportivo que non forma parte da Liga Galega de Traíñas pero que, así e todo, contará coa presenza de distintos clubes de primeira categoría.




