SALNÉS> Na Preferente o máis interesanete é ver o que fan Ribadumia e Céltiga, que continúan a loitar polo ascenso. Mentres na Terceira o Sanxenxo visita ó Depor B e o Vilalonga recibe ó Alondras.
O Vilalonga busca este domingo unha victoria que lle leve ata os 47 puntos, o que sería a salvación case matemática a falta de seis xornadas. Non o van ter sinxelo porque o que visita San Pedro é o Alondras, segundo clasificado e equipo máis en forma da copetición, logo de gañar de xeito consecutivo a Ourense e Cerceda a domicilio. Trátase do conxunto de maior caudal ofensivo da categoría. É de longo o que máis goles mete, leva 55, e posúe ó mellor dianteiro, Santi Domínguez, pichichi con 22 tantos. Mete medo o Alondras pero tampouco chega mal o Vilalonga. Iso sí, Gabi Leis non poderá contar cun dos seus puntais, Saúl, que protaginozou o mércores a mala nova da semana. A súa rotura do tendón de aquiles manteralle fóra dos terreos de xogo mínimo ata outubro. Martín Leiro é baixa nos de Cangas.
O Sanxenxo viaxa á Coruña practicamente sen esperanzas. O esforzo de futbolistas e corpo técnico é innegable, pero a realidade é que o equipo de Baltar de Arriba precisa de máis dunha milagre para salvarse. O Depor B, no que non estará Cubillas, non pode errar se é que quere manterse na loita polo ascenso, do que agora lle separan cinco puntos.
Na Preferente a loita polo ascenso sigue aberta. Barbadás e Pontellas mídense no duelo máis interesante da xornada. Fin de semana na que polo tanto os representantes do Salnés poderán recurtar puntos cos de cabeza.
O Ribadumia, despois das boas sensacións deixadas ante o Verín, pese ó sufrimento final, buscará o triunfo no campo do Mondariz, equipo ó alza que leva sumados 13 dos últimos 15 puntos en xogo. Santos e Manu son baixa por sanción nos de Pablo Vázquez.
Para baixas as que presenta o Céltiga. Non estarán os tres expulsados da semana pasada: Said, Unai e Beni. Problemas para Núñez que terá introducir cambios no once. O rival, o Nigrán, é o penúltimo clasificado, pero xa foi quen de venceer os da Illa no partido de ida.
Mentres Arosa e Portonovo pouco se están a xogar xa. Máis quizais os vilagarciáns que amárranse ás poucas posibilidades de ascenso que lle quedan. Ás baixas xa coñecidas por lesión únese esta semana a de Ricardo, por sanción. O Celanova estase a xogar a permanencia e chegará á Lomba con ansias de victoria.
Tamén loita pola permanencia o Alerta Travesas, próximo rival do Portonovo. Os de Carlos Vila tentarán recuperar a boa xeira de resultados que arrastraban ata a semana pasada.
Redacción Salnés