Clases de educación viaria para crear bos condutores

    seguridade_viaria100.jpgPORTONOVO> O concelleiro de Seguridade Cidadá, Salvador Durán, presentou o novo circuíto de educación viaria co que conta o concello.

    {flowplayer}images/salnes/EDUCACION_VIARIA.flv{/flowplayer}

    Por segundo ano consecutivo, o concello de Sanxenxo pon en marcha o curso de educación vial, en 2010 cun cirucuito novo. Os rapaces pon en práctica a teoría aprendida antes das vacacións de Nadal, subidos a unhas bicicletas adaptadas para cada idade, doadas por unha empresa da local. Dende o concello destacan a importancia deste tipo de cursos para crear bos condutores.

    Estas clases están destinadas a todas as franxas de idade, dende Preescolar ata o Instituto. Ó igual que o ano pasado, xunto ós policías locais colabora un condutor condenado a servizos á comunidade.

    Trátase de que os nenos aprendan e interioricen as normas de tráfico. Os rapaces son moi receptivos á hora de aprender a seguridade viaria.

    Este circuito percorrerá tódolos colexios da localidade. Uns 1.300 alumnos de primaria e 600 de ESO beneficiaranse deste curso.

    Redacción Salnés