Máis de 300 nenos e nenas participarán no gran premio do Albariño de Cambados

CAMBADOS> 300 nenos e nenas de toda Galicia competirán na 53 edición do gran premio do Albariño de Cambados. En total serán 50 clubs os que participen nunha proba que contará con 14 categorías diferentes. O campionato disputarase o sábado 24 e o percorrido pola vila terá unha distancia de pouco máis dun quilómetro.

O concello de Cambados será o escenario o vindeiro sábado 24 da 53 edición do Gran Premio do Albariño, memorial Ernesto Falcón. Unha proba que non deixa de crecer e na que este ano participarán máis de 300 nenos e nenas.

A proba dividirase en 14 categorías diferentes. Para o club de ciclismo de Cambados, estes eventos permiten fomentar o deporte entre os máis pequenos.

Dende o concello tamén destaca a oportunidade de acoller campionatos como este, xa que axudan a fomentar o deporte e a promocionar Cambados.

A proba terá un percorrido de pouco máis dun quilómetro. Cada categoría realizará un número determinado de voltas dependendo da idade dos participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí