Un desfile de moda e agasallos diarios para atraer consumidores

    entretendas copia.jpg SANXENXO> Son as propostas de Entretendas no seu I Salón de Oportunidades. Outro dos atractivos será unha demostración de perrucas.

    {flowplayer}images/salnes/OPORTUNIDADES_ENTRETENDAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O Centro Comercial Urbano Entretendas de Sanxenxo escolleu as vacación de Semana Santa para celebrar a súa primeira Feira de Oportunidades. O obxectivo é aproveitar a afluencia de turistas que por estas datas se achegan ó municipio, e tamén beneficiarse do tirón que suporá a Festa da Raia. De feito, a carpa na que se instalarán os 20 postos de venda que participan montarase ó carón do recinto de degustación da Raia, no porto de Portonovo.

    Roupa, calzado, complementos… todo a prezos reducidos. O Salón de Entretendas comparte as mesmas características de calquera feira de Oportunidades. Por iso, para chamar a atención dos consumidores, ideou actividades complementarias. Destaca un desfile de Moda co nome ‘La fiesta de la vida’, que terá lugar o venres a partir das dez da noite.

    Ese mesmo venres tamén se ofrecerá unha demostración de perrucas a cargo dun dos establecementos participantes, e cada un dos tres días que dure a feira sortearanse 20 agasallos entre aqueles que adquiran artigos. Os horarios do Salón, ininterrompidos de once da mañá ás dez da noite. A inauguración é o vindeiro xoves ás doce da mañá.

    Redacción Salnés