Formación, lecer e operatividade conflúen no Náutico do Freixo

inauguracionnauticofreixo100.jpgOUTES> O presidente da Xunta de Galicia inaugurou as instalacións do náutico do Freixo que servirán de base de operacións a Portos.

{flowplayer}barbanza/inauguracionnauticofreixo.flv{/flowplayer}

Na inauguración do novo náutico do Freixo púxose de manifesto o bo resultado da cooperación entre administracións. As aportacións do concello de Outes, a Deputación da Coruña e a Xunta permitiron poñer en marcha esta nova infraestrutura que aportará un valor engadido non só a este concello senón a toda a comarca.

Edificio multiusos

Este proxecto naceu con vocación de prestar múltiples servizos e así o fará xa que ademais do seu carácter náutico deportivo servirá como sede social para a parroquia.

Ó tempo, as novas instalacións servirán como un factor dinamizador do turismo e cumprirán unha función de máxima importancia sendo a base de operacións de Portos nesta ría.

O titular autonómico destacou ademais a perfecta integración do edifico o entorno, comunicando o mar e o pobo en perfecta harmonía.

Redacción Barbanza