A Farmacia de Canabal continúa aberta

    VILANOVA> A Farmacia Canabal de Vilanova segue aberta e os seus catro traballadores seguen en activo a…

    {flowplayer}images/salnes/farmacia_canabal_aberta.flv{/flowplayer}

    … pesares de que este xoves era a data anunciada pola Consellería de Sanidade para interpoñer o peche a este negocio posto que o titular propietario do mesmo non é farmacéutico de carreira, como si o é o xerente.

    Un proceso que ven marcado en todo momento pola celeridade causada, segundo denuncian desde esta Farmacia, pola presión exercida desde algúns outros dispensarios de Vilanova.

    Desde primeira hora os traballadores atenderon ós clientes como a cotío ca incerteza de que dun momento a outro poderían vir a obrigarlles a pechar. No transcurso desta traumática situación, estes empregados estanse a ver recompensados polo apoio da cidadanía que recompensa así o seu servicio á sociedade no último século é medio. E é que a solidariedade dos clientes foi sen dúbida o punto máis entrañable desta historia, e quizais poida ser o epicentro da súa solución.

    O apoio de Vilanova vai máis aló da veciñanza ata o punto en que o propio pleno municipal ven de aprobar unha moción de respaldo á súa causa. No mellor dos casos, a Farmacia poderá continuar adiante ca súa actividade como ate o de agora.

    En caso contrario, a Cooperativa Farmacéutica recollerállela mercancía en menos de 48 horas e os catro empregados irán directamente a engordar aínda máis as listas do paro deste Concello.

    Redacción Salnés