VILAGARCÍA > O baloncesto viviu a segunda fin de semana de marzo unha xornada gloriosa, por un lado, co trunfo do Inelga en Liga EBA en terras zamoranas, o que o coloca en primeira posición a 3 puntos do segundo e terceiro clasificados. E por outro, coa superioridade demostrada polo Extrugasa, afianzándose como o gran candidato ó ascenso.
Á falta de catro xornadas para a conclusión da Liga Feminina 2, o equipo vilagarcián proclamouse campión do grupo A por un contundente 73 a 56 fronte o Rivas Futura, o principal enemigo do conxunto local na loita.
Ó equipo de Víctor Lapeña bastáballe gañar ó conxunto madrileño para asegurar de forma matemática a primeira posición na vixésimo segunda xornada. Á falta de 4 para o remate ligueiro as locais demostraron, tralo marcador final de 73 a 56 selo mellor equipo da categoría e o principal candidato ó ascenso. O Rivas Futura contribuiu a crear un ambiente de xogo tenso e competitivo, dominando a primeira parte a pesar dos catro puntos de ventaxa cos que as locais chegaron ó descanso. A clave estivo no terceiro cuarto, onde a defensa local foi espectacular, chegando ó último cuarto sen apuros e co título prácticamente asegurado para o Extrugasa.
O público asistente contribuiu á euforia que as xogadoras experimentaban sobre a cancha nos últimos minutos de xogo e no Fontecarmoa unha sonora ovación final evidenciaba o trunfo do conxunto local forote ó principal rival do grupo. Os afeccionados e o equipo técnico berraron un contundente “Nos vamos a Madrid”.
O Extrugasa só lle queda agardar ós tres rivais que disputarán xunto con elas os ‘play off’ de ascenso.
Redacción Salnés