Os usuarios de O Saiar protagonizan un novo encerro no concello

    ENCERRO_SAIARCOPY.jpgCALDAS> O fan para reiterar o seu rexeitamento ó copago trala xuntanza mantida onte en Santiago coa directora xeral de Política Social.

    {flowplayer}images/salnes/NOVO_PECHE_ANPA_SAIAR_300312.flv{/flowplayer}

    Ata o último día loitarán os pais e nais dos usuarios do Centro Ocupacional de O Saiar, situado en Caldas de Reis, para evitar que instalen o copago no centro. Así o manifestaron no segundo encerro simbólico que protagonizaron nas instalacións do concello despois da xuntanza mantida coa Directora Xeral de Política Social, Coro Piñeiro. Unha reunión onde lle reiteraron a decisión firme do goberno autonómico de instalar dito sistema de cobro.

    E é que os pais non entenden a decisión tomada desde a Xunta de Galicia. A Presidenta da ANPA, Fátima Fernández, informounos que na reunión mantida en Santiago mesmo lle trasladaron unha serie de documentos que avalaban a súa postura en contra do copago.

    Entre eles un escrito no que se indicaba que o terreo no que está situado o centro foi cedido de maneira gratuíta por parte da Mancomunidade de veciños de O Saiar se se destinaba a facer un centro ocupacional. Ademais, achegáronlles unha copia da relación de facturas de gastos realizados pola ANPA, gastos que xa están a asumir e que non lles corresponden. Así mesmo fixeron entrega da copia das 4000 sinaturas de veciños en contra do copago e, entre outros, un informe da traballadora social do centro.

    O único que obtiveron da reunión, segundo Fátima, é que desde a Xunta se comprometeron a aplicalo copago da mellor maneira posible. Con todo, nin as familias nin os usuarios do centro están conformes co que van seguir coas protestas.

    Pola súa banda, desde o concello reiteraron que van facer todo o posible para evitar que instalen dito sistema de cobro, ó tempo que denuncian a pouca transparencia no proceso. Apoios ós que se uniu o edil do BNG.

    Desde a ANPA xa anunciaron que a vindeira semana retomarán as mobilizacións.

    Redacción Salnés