As obras da Praza do Regueiro e da Rúa Castelao da Illa remataranse en Febreiro

A ILLA> Avanzan a bo ritmo as obras de renovación da praza do Regueiro e da Avenida Castelao da Illa de Arousa. A deputación visitou esta mañá o concello para revisar os dous proxectos no que se investiron ao redor de 2,8 millóns de euros. A previsión é que ambos se rematen no mes de febreiro.

A deputación de Pontevedra xunto coa Illa de Arousa están levando a cabo no municipio insular dous proxectos que reformarán a vila por completo. As dúas intervencións teñen lugar na Praza do Regueiro e na Avenida Castelao. Dúas zonas principais da Illa que se transformarán en espazos nos que os peóns terán a prioridade. As obras avanzan a bo ritmo.

O orzamento das dúas obras sitúase ao redor dos 2,8 millóns de euros, financiados por ambas administracións. Os traballos non só mellorarán as zonas por fora senón tamén nas canalizacións.

Estas dúas prazas son vitais para a Illa de Arousa. Dende o concello cualifican de moi importante a súa renovación.

A pesar dos problemas iniciais de abastecemento, a obra continúa segundo os plans previstos. Ambos proxectos estarán rematados no mes de febreiro.