Vilagarcía saca adiante o Plan de Axuste Municipal

    VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía ven de aprobar en pleno o Plan de Axuste Municipal que propiciará o pago a 2.476 facturas de provedores.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia_300312.flv{/flowplayer}

    Aínda estando a favor do pago ós provedores, a oposición criticou que se seguisen a incluír na relación de pagos os abonos ás grandes empresas grazas a un creto que vai a hipotecar o futuro financeiro do Concello.

    Censuraron tamén o incremento da presión recadatoria sobre os cidadáns e que se deixe aberta a posibilidade de incrementar os impostos no futuro. O PP defendeuse asegurando que esta situación era herdada, froito da mala xestión da esquerda en Vilagarcía.

    Neste pleno, como acontecera no da mañá no de Sanxenxo, o PSOE protagonizou un acto de protesta contra as polémicas declaracións do Ministro de Xustiza que tiñan que ver ca plena realización das mulleres sendo nais. Nesta sesión tamén se tiña previsto debater un Regulamento Orgánico do Pleno deste Concello para evitar os extensos, e non por eso máis productivas, debates plenarios.

    Redacción Salnés