Ribadumia Agárdate premia as mellores decoracións de Nadal do comercio local

RIBADUMIA> Ribadumia entrega os premios ás mellores decoracións de nadal. No concurso premiábanse aos mellores adornos nas categorías de establecementos e de fachadas. En total repartíronse preto de mil euros en bales compra.

Os comerciantes de Ribadumia comezaron a súa andadura como asociación presentando a campaña de nadal. Dende Ribadumia Agárdate queren incentivar as compras nestas festas. Para elo levaron a cabo un concurso de decoración para os establecementos da vila.

O gañador deste concurso foi a Óptica Bea, a segunda posición a obtivo Cravi Moda o terceiro posto foi para Bricosalnes. A esta campaña tamén se sumou o concello premiando aos veciños que mellor decoraron a súa fachada. Entre ambas categorías repartíronse preto de mil euros en premios. O goberno local sumouse para apoiar ao comercio de proximidade.

A asociación Ribadumia Agárdate conta na actualidade con corenta asociados. A idea deste proxecto era darse a coñecer entre os negocios da zona e incentivar as vendas.

A campaña de nadal completouse cunha recollida de xoguetes. Dende o concello e a asociación agradeceron a participación da veciñanza. Os bonecos serán regalados aos nenos e nenas con máis necesidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí