Silva cre que a controvertida musealización do Castro Alobre ‘gustará ao 99% dos vilagarciáns’

VILAGARCÍA> A controvertida musealización do Castro Alobre xa é unha realidade. Deputación e Concello celebran o resultado da actuación, salientando a recuperación integral do punto patrimonial máis importante de Vilagarcía. Insisten en que a actuación foi elaborada por expertos en arqueoloxía, cumprindo con todos os requisitos de patrimonio.

Tras meses de traballo, a polémica musealización do xacemento vilagarcián de Castro Alobre chegou hoxe ao seu fin. A actuación foi posible grazas a un protocolo impulsado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Transportes. Esta mañá, tanto a presidenta provincial como o alcalde vilagarcián presumían do resultado. Logo da controversia xerada entorno á actuación, Carmela Silva inisistía en que se cumpriu con todo o que esixe Patrimonio.

Tamén indicou que a actuación foi executada por unha empresa especializada en patrimonio e coordinada por arqueólogos. Para o alcalde, o resultado final transforma o espazo devolvéndolle aos restos castrexos todo o seu valor.

A presidenta provincial mesmo asegurou que o resultado final vai gustar ao 99% dos veciños aínda que, di, sobre gustos non hai nada escrito. Sobre futuras excavacións, o alcalde asegura que a musealización non vai ser un problema.

As obras acometidas en Castro Alobre xeraron críticas veciños, asociacións de patrimonio, arqueólogos e formacións políticas. A intervención mesmo foi obxecto de debate no Congreso dos Deputados, a través dunha iniciativa de Podemos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí