Unha accidentada xornada deixa tres feridos en sinistros de tráfico

    accidenteslousameribeira100.jpgBARBANZA> Un atropelo e o accidente entre un coche e unha moto deixan varios feridos na comarca.

    {flowplayer}barbanza/accidenteslousameribeira.flv{/flowplayer}

    Ás oito e media da mañá tiña lugar un accidente na estrada entre Noia e Boiro. A saída de vía dunha moto, provocada pola invasión do carril contrario dun vehículo que se deu á fuga, deixou feridos ós dous ocupantes.

    O condutor tivo que ser trasladado en helicóptero ó hospital clínico de Santiago con lesións no pescozo e na perna mentres que o outro ocupante foi desprazado tamén ó centro hospitalario en ambulancia. Os dous estaban conscientes.

    Atropelo

    En Ribeira tiña lugar outro accidente cando un mozo foi atropelado na avenida da Coruña. Ata o lugar desprazáronse efectivos da policía local e do GRUMIR así como unha ambulancia do 061 que trasladou ó ferido ata o hospital do Barbanza.

    Tamén en Boiro producíase ó redor das dez da mañá unha colisión entre dous vehículos aínda que, nesta ocasión, sen feridos.

    Redacción Barbanza