AJE presenta a súa nova aposta para fomentala cultura emprendedora

    aje_pontevedracopy.jpgPONTEVEDRA> Trátase de ‘Espacio Emprendedor’. Alí os mozos poderán asentar as súas empresa ou adquirir formación para converter en realidade o seu proxecto.

    {flowplayer}images/salnes/ESPAZO_EMPRENDEDOR_AJE.flv{/flowplayer}

    Fomentala cultura e o ambiente emprendedor ademais de potencialas relacións profesionais. Este é o principal obxectivo co que nace ‘Espazo Emprendedor’. Unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra e que ocupará o Edificio Domo, na rúa Herreros de Pontevedra.

    Está baseada en varios eixes centrais. Contará con doce espazos para emprendedores, a sede de AJE, unha planta dedicada a eventos e formación e un semilleiro con capacidade para unha ducia de postos que contarán coa figura dun titor.

    Para formar parte deste espazo, que arrancará a súa actividade o dous de maio, haberá que cumprir unha serie de requisitos. No caso dos mozos emprendedores, estes terán que ser menores de corenta anos, ser unha empresa constituída ou en proceso, presentar un plan de negocio e estar asociado a AJE. Pola súa banda, para acceder ó semilleiro non é preciso estar constituído coma empresa.

    En definitiva, trátase dun modelo innovador e, segundo os seus creadores, adaptado ós tempos que corren. Ademais, explicaron, autofinanciable e que pretende fomentalo autoemprego e a creación de novos postos de traballo.

    Os interesados xa poden enviar as súas solicitudes.

    Redacción Salnés