Ribeira seguirá adiante co expediente á empresa que constrúe o novo auditorio

RIANXO> O executivo ribeirense celebrará mañá, ás oito, un pleno extraordinario no que está previsto desestimar o recurso presentado pola empresa construtora do novo auditorio ó expediente sancionador aberto polo Concello contra ela, por non axustarse ás condicións asinadas no contrato de obra.

O alcalde, Luís Pérez Barral, afirmou que dende o Concello se debe velar por cada euro público que se gasta nas súas instalacións.

Segundo o rexedor a actuación presentou dende o seu inicio numerosas irregularidades, arrastrando  un sobrecuste de practicamente o triple do importe polo que fora presupostada inicialmente.

Mentres tanto, no novo edificio continúase coas obras de instalación do equipamento escénico. A idea pasa por poder inaugurar as novas instalacións xa este verán para disfrute de ribeirenses e visitantes.