MUROS> A Alcaldesa de Muros, Caridad González Cerviño, ven de protagonizar unha nova edición de Pleno Aberto, o programa de entrevistas…
{flowplayer}images/salnes/pleno_aberto.flv{/flowplayer}
… desta casa, a Sete Canalriasbaixas. Na súa intervención, a rexedora muradá fixo un repaso ós problemas máis destacados que ten este Concello, entre os que sobranceou a situación non legalizada do edificio Sertache, en Esteiro. Un problema que González asegura que podería terse resolto facilmente na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no canto de modificalo segundo os intereses particulares do daquela tenente de Alcalde, José Antonio Siaba. Caridad González botou man da retranca para definir a Siaba; un veciño que non se enteira do que pasa en Muros, posto que escolleu para vivir outro concello.
E é que concretamente Siaba e a persoa que se perfilaba como futuro alcalde de Muros, no caso de que prosperara a moción de censura da que tanto se falou nas últimas semanas.
Unha moción que non foi adiante –segundo Caridad- unicamente pola reflexión dos nacionalistas. Esta socialista amosou o seu talante máis conciliador para poder chegar ó entendemento no que queda de lexislatura. Asegurou que o acordo co BNG era posible.
Redacción Salnés