PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra presentou esta mañá un catálogo da mostra “Carlos Maside en Combarro.1952”. Unha obra documental que recolle todas as pezas realizadas polo pintor durante a súa estadía na vila mariñeira.
313 obras están recollidas neste catálogo. Esta obra documental recolle todas as creacións que o pintor Carlos Maside realizou durante a súa estadía en Combarro. Unha auténtica reliquia dispoñible dende hoxe no Museo de Pontevedra.
Unha obra con un claro carácter didáctico que pretende achegar o traballo do pintor e a historia da vila mariñeira.
O deputado de Cultura mostrouse moi orgulloso de que o catálogo estea dispoñible ao mesmo tempo que a exposición de Carlos Maside no Museo.
O acto de presentación do catálogo serviu tamén para recordar a figura do pintor.
Carlos Maside representou á perfección ás xentes de Combarro durante o ano 1952. Por iso, este catálogo permite comprender tamén ao artista e a súa traxectoria vital e artística.