Poio vive as Letras Galegas celebrando os trinta anos do concurso literario Xaime Illa

POIO>  Conferencias, teatro e a exposición ‘Cantámola en galego!’ son as principais actividades que organizan en Poio para celebra-las Letras Galegas. Ademais, o propio día 17 terá lugar a entrega de premios do concurso literario Xaime Illa, que celebra este ano o seu trinta aniversario. Nesta edición, acadouse unha participación moi elevada, con máis de 170 textos presentados.

A programación cultural que organiza o concello de Poio para as Letras Galegas deste ano inclúe conferencias, teatro e a exposición ‘Cantámola en galego!’. O programa, eleborado en colaboración co SCD Raxó, desenvolverase no Centro Cultural Xaime Illa dende este venres ata o da semana que vén.

Ademais, este ano Poio viva unha edición moi especial do Certame Literario Xaime Illa Couto, que celebra o seu trinta aniversario. E Faino, ademais, acadando unha participación moi elevada. Presentáronse máis de 170 textos, algúns mesmo chegados de países como Suecia ou Alemaña.

A entrega de premios terá lugar na tarde do propio día das Letras Galegas. Inclúe unha conferencia a cargo da xornalista e escritora Sara Vila, gañadora do Premio Illa Nova Narrativa en 2021, pola súa primeira novela ‘Oito días sen Eva Cortes’. O programa rematará con outra charla, desta volta o día 19, da man de Miguel Seixas, da Fundación Castelao.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí