A concelleira de Cultura presenta as 8 mostras que pasarán polo Salón

Pontevedra> A concelleira de Cultura en Pontevedra presentou esta mañá unha parte importante da programación do Salón do Libro, concretamente toda actividade expositiva. Un total de 8 mostras chegará ao Salón, 4 delas procederán do país colaborador que este ano é México.

A Concelleira de Cultura presentou esta mañá 8 exposicións que chegarán a cidade no seo da celebración do Salón. 4 delas serán do país e outras catro chegarán do outro lado do charco, de México. A primeira mostras que aterrará na Boa Vila as será Pintacuentos, ilustración Mexicana contemporánea.

A seguinte, tamén mexicana, será 68 Voces, será instalada no salón e é unha mostra que se centra na variedade lingüística e de tradición oral de México.

Outra das achegas de México será Kerenta Merced. Cultura en Resistencia.

Dende o noso país teremos a exposición Pioneiras. Galegas que abriron camiño.

Ademais tamén estará no Salón o traballo do alumnado do Máster de Ilustración da Universidade de Vigo. E por último, e para rematar, poderemos gozar na Biblioteca Antonio Odriozola, a partir do 2 de abril da exposición Os soños na Gala. Unha mostra que chega a Pontevedra grazas á Fundación Alexandre Bóveda.