Agradecemento público a Pitusa Sabín e Jacinto Hernández

NOIA> A concellería de Cultura celebrou este mediodía un acto de agradecemento público ó matrimonio formado por Pitusa Sabín e Jacinto Hernández, pola súa axuda na gala benéfica celebrada o pasado ano, durante o San Marcos, e que tiña coma principal finalidade a recadación de fondos para Cruz Vermella e Cáritas. O matrimonio, que reside dende hai anos en Estados Unidos, levaba practicamente dous anos sen poder vir á localidade a consecuencia da pandemia.

Din que de ben nacidos é ser agradecidos. Así o entenden dende a concellería de Cultura noiesa que ó enterarse da chegada á localidade do matrimonio formado por Pitusa Sabín e Jacinto Hernández, non dubidou nin uns instante en organizar un acto de agradecemento pola súa colaboración e axuda na gala benéfica celebrada o pasado ano, durante o San Marcos, e que tiña coma principal finalidade a recadación de fondos para Cruz Vermella e Cáritas. Nesa gala, que se celebrou a través das redes, puxéronse á venda obras de arte doadas por diversos artistas locais entre os que figuraban Alfonso Costa, Soledad Penalta ou Veiras Manteiga, entre outros. Todas elas foron adquiridas por este matrimonio noiés.

Dende Cáritas e Cruz Vermella, ás dúas entidades receptoras das axudas, quixeron agradecer tamén a aportación realizada polo matrimonio Hernández-Sabín.

Moi emocionados, o matrimonio agradeceu o noble xesto…