A Virxe das Cabezas atrae a unhas 20.000 persoas en Armenteira

cabezas100.jpgMEIS> A parroquia de Armenteira volveuse a encher de xente este Luns de Pascua que acudiron á Romaría das Cabezas.

{flowplayer}images/salnes/romaria_cabezas_2012.flv{/flowplayer}

É unha das romarías máis multitudinarias do ano e nesta ocasión espéranse nesta parroquia de Meis a unhas 20 mil persoas. Uns veñen por devoción á santa, da que se di que cura males como a migraña e outras cefaleas, de aí que moitos fieis acudan ós actos litúrxicos con exvotos de cera con forma de cabeza.

Os fieis teñen misas cada hora no Mosteiro de Armenteira desde as nove da mañá ata as oito da tarde. Desde hai quince anos, Protección Civil segue un protocolo para ordenar o acceso ó templo e evitar as habituais lipotimias debido á multitude que se xuntaba durante a misa.

A maior parte dos romeiros achegáronse ata o Mosteiro de Armenteira a pé desde diversos puntos do Salnés. E non só para escoitar misas. Os máis novos, sobre todo, veñen á romaría a gozar da súa parte máis lúdica. Algúns incluso xa están desde a madrugada, acampados nas inmediacións, aproveitando a Festa da Xuventude.

Un dos camiños máis frecuentados é a Ruta da Pedra e da Auga. Foi, de novo a escollida polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que tamén levaba un rogo para a virxe: ‘un posto de traballo’ para quen non o ten.

Como en cada romaría, non podían faltar os tradicionais postos ambulantes, con productos de todo tipo, desde sombreiros, zapatos e roupa ata pan, embutidos, rosquillas ou polbo. Todo para pasar a mellor das festas.

Redacción Salnés