A indemnización de Brenntag destinarase ‘só ó Plan Umia’

    agustin_hernandez copia.jpg SANTIAGO> Así o reiteirou o conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento. Agustín Hernández descarta así compensar ó concello de Caldas

    {flowplayer}images/salnes/conselleiro_brenntag_parlamento.flv{/flowplayer}

    Así o indicou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no pleno do Parlamento de Galicia. Na sesión, a deputada socialista Carmen Gallego solicitou que se tivesen en conta os gastos que realizou o Concello de Caldas no operativo despregado tralo accidente da empresa química. O alcalde caldense Juan Manuel Rey considera lóxico que se invista no río, pero tamén quere que se lle resarzan os gastos do persoal municipal, cantidade que estima entre 50.000 e 100.000 euros.

    O Conselleiro Agustín Hernández desbotou esta posibilidade no pleno do Parlamento e indicou que no seu departamento non teñen constancia dos gastos que tivo Caldas e cre, que debeu reclamalos persoándose no xuízo contra Brenntag. Hernández explicou tamén o acordo extraxudicial que tiveron coa aseguradora da firma alemana. Este incluíu o abono inmediato dos cinco millóns e medio de euros e tamén dos custes dun programa denominado Migranet para a diagnose e seguimento da recuperación do río Umia durante os vindeiros cinco anos. Traballo que desenvolverá a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con.

    Desde as filas socialistas tacharon de ‘impresentable’ que a Xunta lle perdoase case a metade da indemnización que debía pagar Brenntag, que roldaba os dez millóns de euros.

    Redacción Salnés