‘Galicia debe dirixir as axudas europeas á innovación’

seminario_ptac copia.jpg CAMBADOS> A innovación, o mundo das ideas, a investigación. Cara isto deben encamiñarse a partir de agora os proxectos de cooperación territorial

{flowplayer}images/salnes/seminario_cooperacion_transfronteiriza.flv{/flowplayer}

… transfronteiriza para conseguir fondos europeos no novo plan 2014 – 2020, que está a deseñar a Comisión Europea. Así o indica Celso Cancela, vicedecano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Cancela dirixe o terceiro seminario internacional de cooperación territorial que este venres e sábado se vai celebrar en Cambados. Advirte que Galicia está en fase de desenganche das axudas europeas para infraestructuras, por iso ve necesario propoñer propostas máis innovadoras.

O seminario, que anteriormente se celebrou en Allariz e Bilbao, recala agora en Cambados e está aberto ó público en xeral. O Concello considera que o tema, a cooperación territorial, está moi de actualidade, sobre todo nestes momentos de crise.

O seminario inaugurarase o venres ás catro e media da tarde no Salón José Peña. Nel analizarase o presente e futuro de tres eurorrexións: Pirineos-Mediterráneo, Euskadi – Aquitania e Galicia Norte de Portugal.

Redacción Salnés