![]()
POBRA> O BNG da Pobra vén de denunciar os desprendementos de terra producidos a carón do Camiño Real, na Ribeiriña, por mor do temporal.
{flowplayer}barbanza/derruberibeirina.flv{/flowplayer}
Os nacionalistas pobreses veñen de remitir un escrito a Costas alertando da situación en que se atopa a estrada e as baixadas á praia e transmitindo as principais queixas dos veciños tralos desprendementos que provocou o último temporal
A mellora desta zona xa está contemplada nun plan de recuperación do litoral pero, dado que a actuación non é inminente, dende o BNG esixen que se repare a zona de xeito urxente para evitar o risco de accidentes.
Risco de accidentes
A situación é tan perigosa que nos útlimos días os transportes pesados como os camións do butano ou da recollida de lixo néganse a circular pola zona ante o risco de derrubamento que existe.
Ademais da solicitude realizada polos nacionalistas pobreses, o voceiro do BNG no congreso, Francisco Jorquera, presentará unha iniciativa demandando o amaño e reforzo da estrada.
Redacción Barbanza









