![]()
CAMBADOS/RIANXO> Son dúas as confrarías que concentran a maioría dos 70 barcos que se dedican a esta arte. A volandeira é a especie máis destacada.
{flowplayer}images/salnes/BalanceBouVara.flv{/flowplayer}
Para o bou de vara resulta complicado facer balance da campaña. Son varias as especies que se capturan con esta arte, polo que pode ser un mal ano para unha e bo doutra. Se atendemos á que é o seu produto estrela, a volandeira, o resultado desta campaña foi bastante negativo modesto.
Entre os pósitos de Cambados e Rianxo subhastáronse uns 105.000 quilos de volandeira, que reportaron ó redor de 360.000 euros. Isto supuxo unha baixada nas capturas dun 48 por cento con respecto ó ano pasado. Agora ben, se falamos do linguado a cousa cambia, e o incremento con respecto ó 2011 foi considerable.
Outra das especies que traballa tamén o bou de vara é a nécora, un produto que sobre todo na época de Nadal acada moi bos prezos, e adoita darlle un empuxón importante ó sector. Nestes últimos meses, aberta xa a veda, non podían coller. Malia todo, tampouco foi este un ano bo para ela, a cantidade que se colleu esta campaña foi pouca.
A abundancia de cría foi a que provocou se optase por non conceder a prórroga que pediran os mariñeiros para poder continuar traballando co bou de vara durante quince días máis. Ante a posibilidade de danar o recurso por extraer pezas demasiado pequenas, optouse por continuar o plan previsto e manter as datas.
Así as cousas balance agridoce desta campaña do bou de vara dende a confraría de Cambados, que conta cunhas corenta embarcacións dedicadas a esta arte as que lle toca agora cambiar, a maioría farao para os miños ou as betas.
Redacción Salnés








