![]()
SANXENXO> A Fiscalía solicita para F.V.G., de 32 anos, sete anos de cárcere tras atopárselle 1.881 imaxes e 77 vídeos de contido pedófilo.
Un veciño de Portonovo de 32 anos e que responde ás iniciais F.V.G. enfróntase a unha pena de sete anos de prisión por un presunto delito de distribución e posesión de pornografía infantil. Os feitos remóntanse ó ano 2007, cando Axentes da Policía de Brasil descubriron a difusión dunha serie de arquivos informáticos de contido pedófilo que procedían de direccións IP españolas. A policía brasileira pu´xoo en coñecemento da Brigada de Información Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía e en marzo do 2008, o xulgado de Instrución número 5 de Madrid ordenaba á empresa prestadora do servizo de internet a que facilitara a identidade do usuario desa dirección IP. A persoa resultou ser o veciño de Portonovo agora imputado, co que a finais dese mesmo ano, procedíase a un rexistro do seu domicilio.
Segundo se recolle no escrito do Fiscal, nese rexistro a Policía puido comprobar como o imputado tiña instalado no seu ordenador o programa de descargas ‘Emule’, a través do cal baixaba e compartía presuntamente arquivos de contido pedófilo. De feito, no computador atopouse unha carpeta con 1.881 imaxes e 77 vídeos relacionados coa pornografía infantil.
Ademais da pena de sete anos de prisión, o Ministerio Fiscal solicita para o acusado a inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo no tempo que dure a condena, o comiso dos medios e materiais informáticos intervidos, así como o pago das costas xudiciais.
Redacción Salnés









