O Concello entrega mañá a medalla de prata a Juan de Dios Román

campusbalonman100_040707.jpgO GROVE > Profesorado de luxo é o que están a ter o 65 alumnos do primeiro Campus de Balonmán Juan de Dios Román, …

… organizado polo club Rasoeiro no Grove.

Estes nenos e nenas en idade infantil e cadete, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal están a recibir a visita de importantes xogadores, técnicos e mesmo árbitros deste deporte. Ata o cámping Paisaxe dous, en San Vicente, achegáronse onte á tarde as xogadoras de división de honra da Liga Feminina Begoña Fernández, do Elda Prestigio de Alacante, e Isabel Basteiro, do Roquetas de Mar.

Ambas puxéronse a disposición das preguntas dos alumnos que comezaron interesándose polas diferencias entre o balonmán masculino e feminino. Os rapaces tamén se interesaron polos currículums destas xogadoras internacionais que conseguiron poder vivir do balonmán despois de iniciarse neste deporte co ánimo de pasalo ben. Begoña e Isabel tiveron tempo tamén para lanzarlles algún consello, o principal, que con traballo todo se pode conseguir.

Os alumnos do campus recibirán mañá a visita dos xogadores Rafa da Silva e Dani Benaches do Teucro e Eduardo Domínguez e Cerillo, do Pilotes. Tamén mañá chegará padriño do campus, Juan de Dios Román, que recibirá ás unha e media a medalla de prata no Concello. Ademais dirixirá unha dobre sesión de adestramento sobre a cancha e o venres ofreceralles unha charla.

Redacción Salnés