Nefasta última xornada para os conxuntos do Salnés

 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

{flowplayer}images/salnes/futbol_200513.flv{/flowplayer} 

Despois de nove temporadas o Vilalonga abandona a Terceira División para caer de novo á Preferente. Tarde triste en San Pedro malia victoria dos de Julián Ferreiro por 3-1 ante o Barbadás. Os triunfos de Dorneda e Negreira deixou ós celestes en 17ª posición co 45 puntos.

O equipo, demostrou un ano máis a súa raza e orgullo. Malia as dificultades, un final de liga espectacular estivo a piques de darlles a permanencia. Con todo, é momento de reflexionar e ir pensando pouco a pouco no proxecto no que se quere embarcar o club a vindeira temporada.

Na Preferente a última xornada de infarto removeu practicamente tódalas prazas de arriba. Areas e Choco acabaron primeiro e segundo e ascenden. Dos conxuntos do Salnés o maior beneficiado foi o Arosa que pasou de ser quinto a terceiro logo de aproveitarse dos picazos de Sanxenxo e Portonovo. Venceron ó Pontellas por 4-0, con hattrick de Hugo

O ascenso dos vilagarciáns pasa agora por gañar o playoff dos terceiros ó Bertamiráns e agardar o ascenso dun conxunto galego a 2ªB. De perderlo, terían que agardar a que suban dous.

A cara máis amarga na Preferente foi para o Portonovo que dependía de sí mesmo para ascender pero que finalmente rematará cuarto tras caer onte en Carballiño ante o Arenteiro por 4-2. Ricardo Fernández cre que se fixo un gran traballo durante todo o ano e que foi un final de liga se cadra demasiado cruel con eles, no que incluso puideron atar o ascenso hai sete días ante o Sanxenxo, cando gañaban o partido a falta de tres minutos para o remate. Ó Portonovo só lle vale agora gañar o playoff dos cuartos, que lle enfrontará ó Laracha e agardar o ascenso a 2ªB de tres equipos de Terceira. Baltar acollerá o partido de volta desta eliminatoria.

Mal final tamén para o Sanxenxo que caeu á quinta praza na derradeira xornada. Quédanse sen ascenso nin playoff. Nunca estiveran tan abaixo na clasificación os de Óscar García. Onte precisaban o triunfo e agardar un picazo dos dous de arriba. Eles non cumpriron e non pasaron do empate 1-1 ante o Valladares malia a dispoñer de numerosas ocasións de gol. A volta do Sanxenxo á Terceira terá que agradar canda menos un ano máis.

Redacción Salnés