Abre Edugal, o escaparate da formación

EDUGAL100.jpg PONTEVEDRA> Corenta expositores ofrecen no Recinto Feiral alternativas educativas e posibles saídas profesionais ós asistentes.

{flowplayer}images/salnes/inauguracion_edugal.flv{/flowplayer}

Ata o sábado, o Salón de oferta de educación e formación Edugal, organizado por AEMPE, será o punto de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas. Na xornada inaugural participaron, amais dos representantes de AEMPE, autoridades das institucións colaboradoras, como o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta. Todos destacaron a necesidade da formación como fórmula para loitar contra o desemprego e saír da crise.

Amais da exposición, Edugal acollerá outros actos paralelos como conferencias ou mesas redondas nas que se pretende abrir un foro de debate sobre a actualidade e o futuro da oferta educativa.

Redacción Salnés