Pontevedra acollerá unha xornada para facer visible as enfermidades inflamatorias intestinais

PONTEVEDRA> O Pazo da Cultura acollerá este sábado unha xornada sobre as Enfermidades Inflamatorias Intestinais. O tema principal deste ano será “O universo da microbiota”, é dicir, do conxunto de microorganismos que habitan no noso corpo.

O Universo da Microbiota. Ese é o tema principal da xornada que se celebrará este sábado no Pazo de Cultura de Pontevedra. O obxectivo desta cita é descubrir a relación entre as bacterias que nos habitan e as enfermidades que padecemos, tendo sempre na base as Enfermidades Inflamatorias Intestinais.

As enfermidades inflamatorias intestinais afectan actualmente a máis de 1.200 persoas na contorna de Pontevedra e o Salnés. Ademais, cada vez máis xente nova padecen este tipo de enfermidades. Un feito que demostra a importancia deste tipo de xornadas para formar e informar  á cidadanía.

O evento comezará ás 9:30 horas da mañá e rematará ás 14.00 horas. A charla é aberta a todo o público e é gratuíta, aínda que para asistir deberedes inscribirvos na web da Asseii ou de Nutribiótica.